Cercador de Notícies
Calendari de notícies
16/08/2009 «Diario de Ferrol, suplemento «Nordesía Vicente Araguas

«Cartas a la novia/El argonauta», en el «Diario de Ferrol». Crítica de Vicente Araguas

Dentro da materia
 
 
 
Quixera remexer agora, uns cantos anos despois da súa primeira publicación, a novela de Xesús González Gómez, A lingua secreta (Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2002). E quixera remexela, ou remexer nela, non exactamente a mesma cousa, porque non sei se tivo merecido espallamento, tamén porque a lentitude do catálogo galego permite demorar críticas e, «last but not least», por que %u2013como axiña veremos%u2013 a publicación de Cartas a la novia/El argonauta (Edicións Documenta Balear) de Albino González González e Juan Gómez Ripoll «Campos», con prólogo de González Gómez, é complemento axeitado para a novela deste.
 
Unha narración con título xustificado na fala desinhibida que un cativo dos anos cincuente emprega cos seus iguais en idade. Unha fala baseada, como se pode deducir facilmente, nos palabróns escoitados aos maiores. Mudando desta maneira o parrafeo infantil nun nivel diferente senón máis ousado. Nese terreo «secreto» vai rulando o protagonista desta «bildungsroman», ao menos nunha parte, que ten como protagonista a un cativo ourensán, da parte de Ourense arraiana con León, fillo dun republicano represaliado. Quen será quen ocupe a narración en paralelo que vai completando (e complementando) a novela.
 
Trátase agora da recuperación do pasado por parte de quen vivira a Guerra Civil, o exilio francés e, despois, o confinamento nun campo de concentración alemán. A liñalidade da evocación infantil atopa correlato na meirande complexidade da narración «paterna». Mais o certo en que en ambas imos atopando o degrau de verosimilitude imposto polo ritmo narrativo de Xesús González Gómez. Quen consigue contextualizar os seus textos, pois dous ben diferentes son os que aquí se mostran, sen cáseque ganga coetánea.
 
Certo que o cativo, como é natural, vai ao cinema (e por el sabemos das súas parcialidades nesta materia). Tamén que o ambiente «francés» vivido polo pai permite incursións na literatura e máis na canción da época. Mais todo «ma non troppo». O que cómpre anotar no «haber» de Xesús González Gómez, el mesmo crítico esixente, o que se deixou ver na elaboración perfeccionista desta novela, de lectura moi aconsellable. Que se pode complementar, como veño dicindo, coa lectura de Cartas a la novia, epistolario escrito entre 1945 e 1947 por Albino González a quen sería a súa muller, María Gómez. Albino foi combatente republicano primeiro, logo no bando do exército francés, despois prisioneiro en Mauthausen. Cuspidiño ao heroe da novela de Xesús. Non casualmente fillo deste home enteiro, quen se retrata sentimentalmente no mangado de cartas que forman, e tampouco é casualidade, unha a xeito de novela. Como proxecto de novela é El argonauta, de Juan Gómez Ripoll, fusilado en 1942, no cárcere de Mallorca, onde o levaran despois de detelo na súa Ibiza natal, lugar ao que voltara unha vez perdida a guerra para a súa causa. Juan Gómez é o avó materno de Xesús, quen brosla un prólogo impecable que pecha (pero deixa aberto) este puzzle ou crebacabezas literario mais %u2013nomeadamente%u2013 humano. De homes de mil pezas.
 

Recomanar
Comentar
Comentaris (0)